Sede electrónica Auditorio de Galicia

20:41:46 Venres 6 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude para a autorización de cesión de uso dos espazos do Auditorio de Galicia

Mediante este trámite realízase a solicitude de autorización de uso dos espazos do Auditorio de Galicia. Previamente á realización da solicitude recoméndase que se estableza contacto co previo coa equipa do Auditorio (salas@auditoriodegalicia.org).

O artigo 2 dos Estatutos do Auditorio de Galicia dispón que son competencias deste organismo autónomo, entre outras, “a) A programación de actividades culturais, artísticas, recreativas e congresuais de ámbito local, galego, español ou internacional, directamente ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas”, e tendo en conta que os fins para os que se solicita o uso das instalacións se consideran de interese para a colectividade pois contribuirán á promoción e desenvolvemento dunha actividade cultural.

O artigo 86.2 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das Administracións Públicas, establece que “o aproveitamento especial dos bens de dominio público, así como o seu uso privativo, cando a ocupación se efectúe unicamente con instalacións desmontables ou bens mobles, estarán suxeitos a autorización ou, se a duración do aproveitamento ou uso excede de catro anos, a concesión”.

O Acordo do Consello Reitor do Auditorio de Galicia de 3 de decembro de 2019 recolle as instrucións e condicións para a autorización de uso das instalacións do Auditorio de Galicia.

Os criterios para outorgar e denegar a solicitude de autorización temporal serán:

  • Dispoñibilidade da sala.
  • O interese cultural e/ou social ou xeral da actividade e a adecuación ás finalidades do Auditorio de Galicia.
  • A traxectoria da entidade organizadora.
  • A compatibilidade da cesión ou do uso segundo os horarios, actividades e recursos dispoñibles.
  • A antelación coa que se presenta a solicitude.

O Auditorio de Galicia poderá desestimar todas aquelas solicitudes de actividades que, ao seu xuízo, non se axusten ou adecúen ao espazo ou aquelas que poidan por en perigo o seu persoal, instalacións ou equipos. Tampouco se estimarán aquelas solicitudes que incumpran o disposto no artigo 6 sobre prohibicións de espectáculos na lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

A utilización do Auditorio de Galicia rexerase polo acordado no contrato subscrito entre o Auditorio e a entidade ou institución, ao que se lle aplicarán os prezos públicos establecidos por acordo do Consello Reitor do Auditorio de Galicia de 16 de abril de 2002, pola utilización do inmoble ademais das condicións e normas de uso do inmoble.

A exención de pago de prezo público deberá estar motivada pola dirección do Auditorio de Galicia e autorizada polo Presidente do Consello Reitor do organismo autónomo. A autorización de exención do pago atenderá a razóns de interese xeral, cultural e/ou social sempre que a súa realización non supoña custe algún para o Auditorio de Galicia. Estas actividades deberán ter un carácter non lucrativo. A exención de pago de prezo público da Sala Ángel Brage e da Sala Mozart, só poderá ser outorgada 1 día por ano por sala e por entidade solicitante.
O Auditorio de Galicia poderá cederlle gratuitamente a outras entidades públicas a utilización de espazos, sempre e cando o organismo autónomo ou o Concello de Santiago reciban unha contraprestación similar.

A entidade organizadora do evento deberá facerse cargo de todos os custes derivados da realización do evento, obrigándose a cumprir a normativa de espectáculos, laboral e de seguridade vixente. As entidades que o precisen deberán contactar coas empresas que realizan os servizos de atención técnica e atención aos públicos para garantir que se respectan as normas de traballo e evacuación en espazos escénicos do Auditorio de Galicia.

A persoa ou entidade solicitante deberá cumprimentar a solicitude na sede electrónica do Auditorio de Galicia cun mínimo de antelación dun mes antes da realización do evento. As solicitudes que non se presenten con esa antelación non serán admitidas a trámite.

  • Na instancia da solicitude debe indicarse a(s) sala(s) que se solicita(n):
    • Sala Ángel Brage.
    • Sala Mozart.
    • Sala Circular.
    • Salas Auxiliares.
  • Certificados de non ter débedas coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria e coa Comunidade Autónoma galega.
  • Copia da póliza de seguro de Responsabilidade Civil e recibo de pago que acredite que está en vigor na data do espectáculo e que cubra os capitais mínimos expresados no artigo 8e do decreto 226/2022 que regula determinados aspectos da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
    Para a Sala Mozart a cobertura mínima é de 600,000 € e para a Sala Ángel Brage é de 900,000 €.
    A cobertura que debe dar o seguro de responsabilidade civil está regulada polo artigo 8 da citada lei.
  • Dossier ou sinopse do espectáculo/evento.
  • Rider e/ou documento de especificación das necesidades técnicas.
  • CAE: Recibirán da empresa que se encarga dos temas de Prevención de Riscos Laborais, GESEME a petición da documentación sobre Coordinación de Actividades Empresarias (CAE).
  • Xustificante do pagamento do prezo público polo uso do Auditorio de Galicia segundo o especificado no acordo do Consello Reitor do Auditorio de Galicia de 16 de abril de 2002. Ou documento que xustifique a exención do pago do prezo público segundo o establecido no Acordo do Consello Reitor do Auditorio de Galicia de 3 de decembro de 2019.

Nome: Solicitude para a autorización de cesión de uso dos espazos do Auditorio de Galicia.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar prezos públicos do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.