Sede electrónica Auditorio de Galicia

21:05:04 Venres 6 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de participación na XIII edición do Premio Auditorio de Galicia para Artistas noveis 2023

Non hai convocatorias abertas actualmente

O Auditorio de Galicia, que ten encomendada a actividade cultural do Concello de Santiago de Compostela, convoca a décimo terceira edición do Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 2023 co obxectivo de fomentar os valores culturais, promocionar e incentivar a creación e apoiar a difusión das súas obras.

O Auditorio de Galicia é consciente da amplitude do mundo da arte, mais, e unicamente pola necesidade de delimitar o perfil do premio, dirixe esta convocatoria ao ámbito autonómico e a artistas cuxa traxectoria non está aínda consolidada, para acreditar o seu talento e contribuír ao enriquecemento e á difusión da creación contemporánea e ao patrimonio cultural galego.

VideoGuía para a presentación 

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Auditorio de Galicia, https://sede.compostelacultura.gal . A presentación por este medio producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán en conta as solicitudes presentados noutros rexistros.

PRAZO DE ENVÍO DE SOLICITUDES
Dende o 19 de Maio ata o 6 de outubro de 2023.

Cada artista ou colectivo participante deberá achegar, xunto coa solicitude e a través da mesma sede electrónica, a seguinte documentación en formato dixital e pola orde indicada:

  • Solicitude de participación.
  • Copia do NIF ou documentación acreditativa da residencia en Galicia, só en caso de que no documento de identidade figure un lugar de nacemento de fóra de Galicia.
  • Proxecto da obra que se presenta. Documento pdf que non exceda das 5 páxinas. Debe conter os seguintes apartados por esta orde:
    1. Ficha técnica
      • Nome artístico ou pseudónimo co que desexa figurar.
      • Título da obra, data, técnica e medidas.
    2. Fotografía(s), bosquexo ou reprodución gráfica da obra. No caso de videocreacións deberá inserirse unha ligazón onde poder visualizar a obra.
    3. Texto explicativo da obra non superior ás 20 liñas e preferentemente en galego (o Auditorio reserva o dereito de reprodución).
    4. Currículo resumido, redactado desde a última experiencia cara a atrás no tempo e que non exceda das 20 liñas (preferentemente en galego).
    5. Valoración económica da obra para os efectos do seguro de estancia.
  • Expediente artístico: cómpre achegar un expediente artístico resumido con fotografías doutras obras ou información sobre os traballos, que non exceda das 10 páxinas.

Nome: Solicitude de participación na XIII edición do Premio Auditorio de Galicia para Artistas noveis 2023

Unidade tramitadora: Auditorio de Galicia.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.