Sede electrónica Auditorio de Galicia

20:16:53 Venres 6 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria para a formación dunha lista de agarda cobertura provisional de técnico/a superior en comunicación (A1-Nivel 22)

Non hai convocatorias abertas actualmente

Constitúe o obxecto das presentes bases a aprobación da convocatoria e a regulación do proceso selectivo, mediante un procedemento de concurso-oposición, para a formación dunha lista de agarda para a cobertura provisional do posto de técnico/a superior en comunicación encadrados na escala de Administración xeral, subescala técnica, clase técnicos/as superiores, subgrupo de clasificación A1, nivel 22, do Auditorio de Galicia.

Cometido funcional dos postos de traballo:

  • Planificación da estratexia de comunicación interna e externa do Auditorio de Galicia así como o seu desenvolvemento e avaliación.
  • Deseño, planificación, avaliación e control das campañas de comunicación para a difusión das actividades realizadas polo Auditorio de Galicia.
  • Coordinación e xestión da páxina web compostelacultura.gal e das páxinas propias de eventos do Auditorio de Galicia así como das redes sociais e ferramentas de marqueting da entidade.
  • Relación cos medios de comunicación.
  • Elaboración de textos para publicacións, catálogos, presentacións, notas de prensa, anuncios...
  • Control e seguimento da aplicación da imaxe gráfica da marca “C” baixo a que opera o Auditorio de Galicia.
  • Avaliación de impacto e resultado das accións internas e externas de comunicación.
  • Todas aquelas que pola natureza do seu posto se lle poidan ser encomendadas.

O prazo para a presentación será do 24 de maio ás 00:00 h ata o 31 de maio ás 23:59.

  • Anexo I - Instancia.
  • DNI, pasaporte ou documento de identidade correspondente ao Estado de procedencia.
  • Título esixido para tomar parte no procedemento. No caso de non posuír o título pero estar en condicións de obtelo deberanse achegar os xustificante de telo solicitado e do pagamento, no seu caso, das taxas esixibles.
  • Certificado Celga 4 ou documento equivalente.
  • Relación dos méritos alegados e documentación acreditativa dos mesmos.

Nome: Convocatoria para a formación dunha lista de agarda cobertura provisional de técnico/a superior en comunicación (A1-Nivel 22).

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución: 6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar as bases da convocatoria.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                Presencial.