Sede electrónica Auditorio de Galicia

21:57:00 Venres 6 de decembro 2024

Información

Director-xerente

30/09/2022

ANUNCIO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 2022-SUPLE1

EXP: 2022/X999/000069

ANUNCIO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 2022-SUPLE-01 DO AUDITORIO DE GALICIA para financiar investimentos en maquinaria e instalacións e actividades culturais con Remanente líquido de tesourería para gastos xerais do ano 2021, por importe de 150.000,00 euros.

EDICTO

O Pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de setembro de 2022, aprobou inicialmente o expediente de modificación orzamentaria de suplemento de crédito 2022-SUPLE-01 do Auditorio de Galicia dentro do vixente Orzamento municipal do exercicio 2022, financiado con Remanente líquido de tesourería para gastos xerais do ano 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, este expediente exponse ao publico durante un prazo de quince días hábiles no taboleiro de anuncios do Auditorio de Galicia sito na súa sede electrónica (https://sede.compostelacultura.gal) e nos servizos económicos do Auditorio de Galicia, na avda. Burgo das Nacións s/n, a efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as reclamacións que estimen oportunas (as reclamacións que se presenten deberán conter necesariamente o seguinte código de referencia para o seu rexistro “SUPLE-01”). No caso de non presentarse reclamación algunha entenderase definitivamente aprobado o acordo inicial.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

O director-xerente do Auditorio de Galicia

Xaquín López González


Xustificantes de Publicación: