Sede electrónica Auditorio de Galicia

01:48:46 Luns 14 de xuño 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de participación na XII edición do Premio Auditorio de Galicia para novos Artistas 2021

O Auditorio de Galicia, que ten encomendada a actividade cultural do Concello de Santiago de Compostela, convoca a décimo segunda edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2021 co obxectivo de fomentar os valores culturais e a promoción das novas e novos artistas de Galicia, estimular o seu labor creador e apoiar e incentivar a creación e difusión das súas obras.

O Auditorio de Galicia é consciente da amplitude do mundo da arte, por isto, e coa única necesidade de perfilar o ámbito do Premio, dirixe esta convocatoria ao ámbito autonómico e ás/aos artistas cuxa traxectoria non está aínda consolidada, acreditando o talento das/dos artistas e contribuíndo ao enriquecemento e coñecemento da creación contemporánea e ao patrimonio cultural galego.

Poderán participar artistas que nacesen ou residan en Galicia e sexan menores de 40 anos o 31 de decembro de 2021. A participación poderá ser individual ou como colectivo. Neste último caso todos os membros do colectivo deberán cumprir estes requisitos.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Auditorio de Galicia, https://sede.compostelacultura.org . A presentación por este medio producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán en conta as solicitudes presentados noutros rexistros.

PRAZO DE ENVÍO DE SOLICITUDES
Desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (26/05/2021) até o venres 3 de setembro de 2021.

  • Solicitude de participación.
  • Copia do NIF ou documentación acreditativa da residencia en Galicia.
  • Proxecto da obra que se presenta. Documento pdf que non exceda das 5 páxinas. Debe conter os seguintes apartados por esta orde:
    1. Ficha Técnica
      • Nome artístico ou pseudónimo co que desexa figurar.
      • Título da obra, data, técnica e medidas.
    2. Fotografía /s da obra / No caso de videocreacións deberá inserirse unha ligazón onde poder visualizar a obra.
    3. Texto explicativo da obra non superior ás 20 liñas e preferentemente en galego (o Auditorio reserva o dereito de reprodución).
    4. Currículo resumido da / do artista que non exceda das 20 liñas (preferentemente en galego).
    5. Valoración económica da obra para os efectos do seguro de estancia.
  • Expediente artístico: O artista debe achegar expediente artístico resumido con fotografías doutras obras ou información sobre o seu traballo que non exceda das 10 páxinas.

Nome: Solicitude de participación na XII edición do Premio Auditorio de Galicia para novos Artistas 2021.

Unidade tramitadora: Auditorio de Galicia.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.